Mozos e mozas de Xove desfrutan dunha xornada refrescante no Aquapark de Cerceda

O pasado sábado, 2 de agosto, un grupo de 34 rapaces e rapazas de Xove, con idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos, viaxaron ata o Aquapark de Cerceda para pasar un día de lecer e diversión. Acompañados polas técnicas de xuventude Mónica López Sanjurjo e Silvia Rodríguez Barreiro, puideron gozar das instalacións acuáticas que ofrece o recinto, entre elas múltiples piscinas e emocionantes tobogáns.
A excursión foi promovida polas concellerías de Xuventude e Deporte, xunto coa Oficina de Información Xuvenil, no marco do programa municipal “Verán Xove 2025”, unha iniciativa que busca ofrecer alternativas de ocio saudable durante a época estival para a mocidade do municipio.