Mozos de Arteixo coñecerán o funcionamento de empresas da man do proxecto 'Deseñando o teu futuro'

ACoruñaXa
O programa no que participarán alumnos de diversos centros educativos do Concello ten como obxectivo orientalos a unha profesión determinada
Imaxe recurso de estudantes
3 Xul 2024

O Concello de Arteixo a través da concellaria de Servizos Sociais, que dirixe Inés Ramos, acaba de presentar o proxecto 'Deseñando o teu futuro'. O cal persigue a implementación de proxectos con xovenes para realizar estadías en empresas e que así poidan tomar decisións sobre os estudios a seguir para conseguir unha determinada capacitación profesiona.

Neste sentido, o Concello invitou os centros educativos de ESO do concello para a participación no proxecto, e así habrá alumnos do IES Manuel Murguía, IES Pastoriza. IES de Sabón e co CPR Agarimo. Dende cada un destes centros realizarán unha proposta de derivación de menores que encaixarían no proxecto priorizando menores que precisaran dese achegamento á empresas para a toma de decisión ou ben para manter a motivación para a continuidade dos seus estudos.

Os mozos participantes realizaron visitas e estadías en diversas entidades e empresas do municipio co obxectivo de que os participantes coñeceran de primeira man a actividade empresarial en diversos sectores.

Entre os obxectivos destas estadías nas empresas aparecen como os principais apoiar a formación da mocidade de Arteixo para que adquira coñecementos e habilidades que axuden a completar o seu desenvolvemento persoal e a súa futura formación, facilitando un primeiro contacto coa realidade laboral do seu contorno, e facilitar a aproximación de mozos e mozas menores de 18 anos ao ámbito sociolaboral coa finalidade de que se acheguen á realidade das empresas mediante o desenvolvemento de estadías e visitas en distintos sectores das empresas/entidades públicas ou privadas , e facilitar, deste xeito, unha experiencia que lle permita decidir a súa traxectoria formativa profesional.

Inés Ramos sinala que “é moi importante que en certas idades un poida tomar a decisión de dirixir os seus pasos hacia un horizonte profesional concreto, e este programa persegue que os mozos teñan máis información sobre en qué consiste a actividade das diferentes empresas para así poder elixir”.

0.18299007415771