Morás acollerá o novo parque comarcal de bombeiros tras o inicio das obras

ACoruñaXa
O Concello de Arteixo arranca a construción dun equipamento de 4.000 m² que substituirá ao actual de Sabón cun investimento de 1,3 millóns de euros
ARTEIXO obras morás
16 Oct 2025

Arteixo puxo en marcha este martes as obras do novo parque comarcal de bombeiros no polígono de Morás, dentro do plan do Consorcio Provincial de Bombeiros. A nova base relevará ás instalacións actuais de Sabón e achegará máis espazo e mellores prestacións para o servicio de emerxencias.

A infraestrutura levantarase nunha parcela municipal de 4.000 metros cadrados e conta cun orzamento de 1,3 millóns de euros. O proxecto foi revisado e aprobado polo equipo técnico do Consorcio, que avalou a súa idoneidade operativa.

As instalacións emprazaranse nun ámbito que xa concentra servizos municipais esenciais: o parque de maquinaria, as oficinas de obras e limpeza, o servizo de recollida de residuos, o depósito da grúa e Protección Civil. Esta ubicación facilitará a coordinación e a eficiencia en situacións de emerxencia.

A parcela de Morás procede do solo subastado en 2022 e 2023 —adquirido por Inditex por 5,08 millóns de euros—, recursos que o Concello está a destinar á modernización de instalacións públicas en todo o termo municipal, entre elas o novo parque de bombeiros.

⚙ Configurar cookies
0.072135925292969