Monumentos da Coruña recréanse en Minecraft

ACoruñaXa
O Palacio Municipal de María Pita e a Torre de Hércules únense ao patrimonio que se reflicte nesta canle educativa
palacio-maria-pita-minecraft
15 Jul 2025

Minecrafteáte, a canle educativa e de divulgación cultural especializado na recreación histórica dentro do universo Minecraft, presenta o seu último traballo: un vídeo divulgativo no que se recrean, con todo luxo de detalle, dous dos monumentos máis representativos da Coruña —o Palacio Municipal de María Pita e a Torre de Hércules. A súa finalidade: achegar o patrimonio histórico e cultural dunha forma máis atractiva, visual e próxima mediante o universo de Minecraft.

A reconstrución do Palacio de María Pita foi un dos proxectos máis complexos de Minecraftéate ata a data, con máis de tres meses de traballo a gran escala para respectar fielmente a súa arquitectura. La Torre de Hércules, o faro romano en funcionamento máis antigo do mundo e Patrimonio da Humanidade, completa esta homenaxe dixital ao patrimonio coruñés. Aínda que estas construcións foron finalizadas hai uns anos, elaborouse agora un minidocumental divulgativo para incorporalas á serie A Historia a través de Minecraft, co obxectivo de destacar a beleza e importancia destes dous monumentos coruñeses.

O vídeo forma parte do compromiso de Minecrafteáte coa divulgación do patrimonio galego e nacional, a través dun formato accesible, visual e educativo. Ademais de grandes fitos monumentais, a canle tamén recrea construcións tradicionais como os hórreos galegos, apostando por visibilizar tanto o patrimonio recoñecido como o máis esquecido, e subliñando a importancia da súa conservación.

⚙ Configurar cookies
0.15384316444397