Miño volve ser sede da fase decisiva do Campionato de España de Seleccións Autonómicas sub-14 e sub-16

ACoruñaXa
Do 6 ao 8 de febreiro, o campo municipal de Gallamonde acollerá partidos entre Asturias, Murcia, Melilla e Extremadura dentro dunha cita que tamén se repartirá entre A Coruña e Arteixo
MIÑO rfef
23 Jan 2026

Miño repetirá este 2026 como escenario dunha das grandes citas do fútbol base estatal. O Concello acollerá do 6 ao 8 de febreiro encontros da fase decisiva do Campionato de España de Seleccións Autonómicas masculinas sub-14 e sub-16 no Campo de Fútbol Municipal de Gallamonde, que será sede de duelos entre as seleccións de Asturias, Murcia, Melilla e Extremadura.

A fase final disputarase en Galicia e repartirá os partidos entre catro instalacións da provincia: Elviña (A Coruña), Ponte dos Brozos e Pastoriza (Arteixo) e Gallamonde (Miño). No caso de Miño, o Concello e a AD Miño levan semanas coordinando a organización coa Federación Galega (Futgal) para preparar a loxística e a acollida dunha competición que reúne algunhas das promesas máis destacadas do panorama autonómico.

A cita chega, ademais, cun formato renovado: o campionato sub-14 e sub-16 estrutúrase con 19 seleccións distribuídas en dúas divisións, e os partidos poden seguirse tamén en streaming a través de rfef.es e do canal de YouTube da entidade.

⚙ Configurar cookies
0.09466290473938