Miño vivirá o Día de Reis cunha visita polas parroquias e cabalgata no casco urbano con festa infantil

Miño prepárase para recibir a Melchor, Gaspar e Baltasar este luns 5 de xaneiro de 2026 cunha xornada dividida en dous momentos: unha ruta matinal polas parroquias e a tradicional cabalgata da tarde no casco urbano.
Pola mañá, os Reis Magos visitarán á veciñanza con este horario aproximado: Centro Social de Callobre (11.00 h), Centro Social de Bemantes (11.20 h), Pistas de Bra (11.45 h), Centro de Día A Regueira (12.00 h), Centro Social do Ponte do Porco (12.30 h), Campo de San Paio (13.00 h), Centro Social de Xarío (13.30 h) e peche no aparcadoiro público da rúa A Fraga e Costa Miño (14.00 h).
Xa pola tarde, a partir das 18.30 h, comezará a cabalgata de Reis no núcleo urbano. O desfile avanzará pola rúa da Barrosa, a rúa da Carreira, a Estrada da Praia, e continuará polas rúas do Mercado, Pumariega e Rabazal, para seguir por Cobo e Marismas ata o pavillón polideportivo municipal Juan Tenreiro.
Ao remate do percorrido celebrarase a recepción das Súas Maxestades e unha gran festa infantil con inchables, obradoiros, grandes xogos e tamén chocolate con churros. Dende o Concello lembran que o itinerario podería variar en función das condicións meteorolóxicas.