Miño ultima os preparativos para o inicio do curso escolar 2024-2025

ACoruñaXa
O Concello de Miño mellora infraestruturas e axuda ás familias coas becas de comedor e libros para o novo curso escolar
Imaxe do inicio do curso en Miño
10 sep 2024

O Concello de Miño está a rematar os preparativos para o comezo do curso escolar 2024-2025, co obxectivo de garantir as mellores condicións para o alumnado, as familias e o persoal educativo. Nas últimas semanas, os operarios do servizo de mantemento realizaron traballos intensivos nos colexios CPI Castro Baxoi e CEIP Bemantes, así como nas paradas de transporte escolar.

Entre as actuacións levadas a cabo destacan a pintura e reparación de paredes e teitos, o traslado e montaxe de mobiliario, o acondicionamento dos espazos exteriores e a limpeza das marquesiñas do transporte. Todas estas accións teñen como finalidade ofrecer un ambiente óptimo e seguro para o arranque do curso.

Ademais, o Concello xa completou a concesión das becas de comedor e libros, facilitando así a organización e preparación das familias para o novo ano escolar.

O Concello de Miño reafirma o seu compromiso coa mellora das infraestruturas e servizos educativos, garantindo que todos os recursos necesarios estean dispoñibles para un excelente inicio de curso.

0.096521139144897