Miño renova a fachada da súa oficina de turismo na que destaca o Camiño Inglés

ACoruñaXa
A intervención inclúe a instalación de paneis gráficos que amosan diferentes imaxes do municipio
minho-turismo
8 Jun 2025

A oficina de turismo de Miño estrea nova imaxe esta semana tras completarse a renovación da súa fachada, que agora presenta un aspecto máis moderno e visualmente atractivo para veciñanza e visitantes.

A intervención inclúe a instalación de paneis gráficos que amosan diferentes imaxes do municipio, destacando os seus principais atractivos naturais e patrimoniais. Entre as novidades máis salientables atópase tamén un mapa ilustrado do Camiño Inglés ao seu paso por Miño, co obxectivo de servir de guía práctica para peregrinos e turistas que visiten a vila.

Con esta actuación, o Concello busca reforzar a capacidade de acollida turística e poñer en valor a relevancia de Miño dentro da ruta xacobea, consolidando a súa posición como punto de interese para o turismo cultural e de natureza.

⚙ Configurar cookies
0.19363880157471