Miño rende homenaxe a Jesusa García no seu 100 aniversario cun emotivo encontro familiar

O Concello de Miño celebrou este domingo unha xornada moi especial con motivo do 100 aniversario de Jesusa García García, veciña do municipio que alcanzou o século de vida rodeada de agarimo, lembranzas e celebración. O alcalde, Manuel Vázquez Faraldo, e a concelleira de Servizos Sociais, Yolanda Bello, achegáronse persoalmente a compartir este momento único coa homenaxeada.
O encontro tivo lugar o pasado 13 de abril, en presenza de familiares e amizades que quixeron acompañar a Jesusa nesta data tan sinalada. O Concello de Miño quixo sumarse á celebración cun detalle conmemorativo entregado polo propio rexedor, quen lle trasladou á centenaria veciña os parabéns en nome de toda a veciñanza.