Miño reforza o apoio ao comercio local con catro paneis informativos

ACoruñaXa
Os carteis inclúen un plano para localizar os negocios e forman parte da campaña 'Merca en Miño, no comercio local gañamos todos'
MIÑO panel informativo
29 Jan 2026

O Concello de Miño dá un novo paso na súa estratexia de dinamización do pequeno comercio coa instalación de catro paneis informativos que buscan facer máis visible a oferta existente no municipio e nas parroquias. A actuación enmárcase na campaña 'Merca en Miño, no comercio local gañamos todos', impulsada para promover as compras de proximidade e un consumo máis responsable.

Cada panel incorpora un plano no que se poden localizar os establecementos adheridos, co obxectivo de facilitar a súa identificación e animar á veciñanza a mercar preto da casa. Os carteis recollen negocios de alimentación, comercios e servizos, así como locais vinculados á estética, a saúde, a hostalaría e a restauración.

Segundo a información municipal, os catro puntos elixidos son lugares de paso para mellorar a utilidade destes directorios: dous paneis na rúa Carreira, un na estrada da Praia e outro en Loios. A iniciativa contou co apoio da área de Promoción Económica da Deputación da Coruña.

⚙ Configurar cookies
0.079857110977173