Miño reforza a recollida téxtil cun novo colector de 250 kg na rúa Extremeiro

ACoruñaXa
A elevada resposta solidaria saturou o punto da rúa Marismas e Insertega amplía a capacidade para facilitar as doazóns
MIÑO colector roupa
14 Oct 2025

A solidariedade da veciñanza de Miño non para de medrar. Debida ao gran número de doazóns que deixaba pequeno o colector de reciclaxe téxtil da rúa Marismas, a entidade xestora Insertega instalou un novo punto de recollida de maior capacidade —250 quilos— na rúa Extremeiro.

Con este reforzo, o Concello de Miño procura ordenar mellor as achegas de roupa, calzado e outros téxtiles en bo estado, evitando desbordamentos e facilitando a súa clasificación para reutilización e reciclaxe. O Consistorio agradece a implicación cidadá e lembra que as pezas deben depositarse en bolsas pechadas para garantir a hixiene e o correcto tratamento do material.

⚙ Configurar cookies
0.071120977401733