Miño programa 'Rilla Rilla', un espectáculo familiar de Xalope Tulú, no auditorio da Rúa
ACoruñaXa
A función será o venres 2 de xaneiro ás 17.30 h e está pensada para público infantil, cun formato dinámico no que a participación e a palabra teñen un papel central

31 Dec 2025
O Concello de Miño abre o calendario cultural de comezos de ano cunha proposta para gozar en familia. O venres 2 de xaneiro, ás 17.30 h, o auditorio da Rúa acollerá a representación de 'Rilla Rilla', da compañía Xalope Tulú.
Trátase dun espectáculo orientado ao público infantil e familiar, concibido cun ritmo áxil e un ton participativo. Dende o Concello destacan que a implicación do público e a palabra falada son dous dos eixos da montaxe, que busca converter a función nun encontro vivo coas persoas asistentes.