Miño programa para o 22 de novembro unha excursión cultural á Guarda con visita ao monte de Santa Trega

O Concello organiza para o sábado, 22 de novembro, unha saída cultural á Guarda que combina patrimonio histórico, arqueoloxía e paisaxe. O itinerario inclúe un paseo polo casco antigo e pola capela, así como a visita ao castro e ao museo do monte de Santa Trega, un dos xacementos galaico-romanos máis destacados do país.
Ademais, a excursión inclúe o xantar no restaurante Mar y Cielo, cun menú que consta de sopa, peixe (pescada á romana), costela de porco, sobremesa, pan e viño, cun custo de 20€.
Ao rematar o xantar, os asistentes poderán realizar a visita libre ao monte de Santa Trega, onde se atopan o museo, a capela e o castro. Para subir ao monte, haberá un custo adicional de 1,50€ por persoa.
O autobús partirá da rúa do Mercado ás 8.30 horas e a xornada contempla o xantar no restaurante Mar y Cielo. A inscrición poderá realizarse na Oficina de Turismo de Miño desde o 11 de novembro (ata agotar prazas). Unha persoa poderá anotar un máximo de 4 persoas. Esta excursión está dirixida a persoas maiores de 55 anos que estean empadroadas en Miño.
As inscricións poderán formalizarse a partir do 11 de novembro na Oficina de Turismo de Miño ata completar prazas. A área de Turismo anima á veciñanza a participar nesta proposta que combina coñecemento do territorio, convivencia e divulgación cultural nun enclave singular da comarca do Baixo Miño.