Miño organiza unha viaxe a Leitariegos para mozos e mozas o 31 de xaneiro

ACoruñaXa
A saída será ás 5.00 horas e o regreso está previsto para as 22.00 e a inscrición pecha o 28 de xaneiro
MIÑO leitariegos
21 Jan 2026

O Concello de Miño programa para o sábado 31 de xaneiro a cuarta saída do curso dentro do programa 2025-2026 de 'Xuventude en Camiño'. O destino será a estación invernal Valle Laciana (Leitariegos), cunha xornada de esquí dirixida a mozos e mozas nados entre 2008 e 2013. A actividade arrancará cunha saída ás 5.00 horas e a chegada a Miño está prevista arredor das 22.00 horas.

A cota de inscrición é de 8 euros e inclúe o aluguer do equipo, tres horas de clase e a entrada á estación. As prazas son limitadas e a reserva debe formalizarse antes do 28 de xaneiro no Rexistro do Concello. Para máis información, a organización facilita o teléfono 604 00 44 39 e o correo cultura.deportes@concellodemino.gal.

De cara á viaxe, recoméndase levar unha bolsa de rafia grande, mochila e unha muda (camiseta térmica, toalla pequena, calcetíns, pantalón), ademais de tentempié e picnic ou diñeiro. Tamén se pide indicar a talla de pé, altura e peso da persoa participante. Cómpre acudir con roupa de esquí posta desde a casa e levar 25 euros para a compra do forfait.

⚙ Configurar cookies
0.080842018127441