Miño organiza unha excursión ás luces de Nadal de Vigo o 20 de decembro

ACoruñaXa
O autobús sairá ás 11.30 horas da rúa do Mercado, haberá tempo libre na cidade ata as 21.00 e o regreso a Miño está previsto arredor das 23.00 horas
MIÑO excursion vigo
14 Dec 2025

O Concello de Miño prepara unha excursión a Vigo para gozar do alumeado de Nadal e pasar a tarde na cidade olívica. A saída será o sábado 20 de decembro, cun autobús que partirá ás 11.30 horas desde a rúa do Mercado. Unha vez en Vigo, as persoas participantes disporán de tempo libre para facer turismo, compras ou visitar as luces e os principais puntos de interese ata as 21.00 horas, momento no que se iniciará a viaxe de volta, coa chegada a Miño prevista aproximadamente ás 23.00 horas.

A actividade está aberta a todas as idades, aínda que as persoas menores deberán ir acompañadas por un adulto. O prezo do bus é de 8 euros e o prazo de inscrición permanece aberto ata o mércores 17 de decembro, ou ata que se esgoten as prazas, na Oficina de Turismo de Miño. Desde o Concello sinalan, ademais, que terán preferencia as persoas empadroadas no municipio.

⚙ Configurar cookies
0.055572986602783