Miño organiza un homenaxe ás súas cantareiras este 17 de maio

ACoruñaXa
Trátase da xornada ‘Para cantar veño eu’, que porá en valor á agrupación ACRD O’Castro que que conta con ata 6 grupos de cantareiras de entre 3 e 70 anos.
miño-cantareiras
13 May 2025

Miño renderá homenaxe ás súas cantareiras no marco da celebración do Día das Letras Galegas, cun acto que busca poñer en valor unha voz única, forte, feminina e interxeracional.

A actividade celebrarase baixo o lema ‘Para cantar veño eu’ e terá lugar o sábado 17 de maio a partir das 12:00 horas no centro social da Rúa. A xornada recoñecerá a figura e o legado das cantareiras da ACDR O’Castro, que conta con ata seis agrupacións cantareiras formadas por persoas de entre 3 e 70 anos de idade.

A súa influencia vai máis alá do ámbito local, sendo referentes e sementadoras doutros grupos de proxección a nivel nacional.

Desde o goberno local anímase á veciñanza a participar nesta xornada festiva, pensada para reivindicar e gozar do patrimonio musical e cultural das cantareiras miñenses.

⚙ Configurar cookies
0.15830683708191