Miño organiza a finais de decembro unha visita de Nadal a A Coruña para mozos

O Concello de Miño organiza o próximo 27 de decembro unha xornada de patinaxe e visita de Nadal a A Coruña dentro do programa Xuventude en Camiño. A actividade, dirixida a mozos nacidos entre 2008 e 2013, inclúe transporte, patinaxe na pista de xeo e un roteiro guiado pola cidade para desfrutar da decoración navideña.
As persoas interesadas en participar deben inscribirse no rexistro do Concello antes do 24 de decembro. O prezo da actividade é de 4 euros e inclúe a entrada á pista, o aluguer de patíns, a visita guiada e o transporte. Para máis información, pódese contactar coa organización chamando ao 604 004 439 ou enviando un correo a cultura.deportes@concellodemino.gal
.