Miño mellora o seu paseo marítimo coa renovación dos pasamáns con materiais reciclados

O Concello de Miño continúa coas melloras no seu paseo marítimo, un dos espazos máis frecuentados tanto por veciños como por visitantes, especialmente coa chegada do verán. Na actualidade, os traballos céntranse na renovación dos pasamáns, que están a ser substituídos polos antigos de madeira por outros feitos con materiais reciclados. Este cambio permite unha maior durabilidade e reduce as necesidades de mantemento.
A obra avanza a un bo ritmo, quedando pendente só a finalización do tramo da estrada da praia e os traballos de pulido e pintado nas unións entre os tramos xa instalados. O investimento realizado neste proxecto ascende a aproximadamente 20.000 euros.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, comentou que esta intervención "apóstase pola sustentabilidade, a seguridade e o coidado dos nosos espazos públicos, mellorando unha infraestrutura fundamental para o lecer e a mobilidade peonil na contorna costeira do municipio". Esta mellora forma parte dun proceso continuado de rehabilitación e optimización dos espazos públicos que favorecen o disfrute e benestar da cidadanía.