Miño inviste 160.000 euros na renovación de camiños en Bemantes e Carantoña

O Concello de Miño lanzou dous proxectos para a renovación de camiños nas parroquias de Bemantes e Carantoña, concretamente nos lugares de A Torre e Os Castros, cun orzamento total de 160.000 euros. As ofertas poderán presentarse ata o 28 de setembro.
En Bemantes, as obras contan cun investimento de 76.424 euros e afectarán a dous camiños comunicados entre si, cunha lonxitude total de 954 metros, que dan acceso a parcelas agrícolas. Os traballos inclúen o reforzo do firme e melloras no sistema de drenaxe, e están cofinanciados con fondos europeos xestionados por AGADER.
En Carantoña, o proxecto, incluído no Plan Único da Deputación da Coruña, está valorado en 83.643 euros e actuará en dous tramos do camiño que une Lameira con Os Castros. As tarefas consistirán na limpeza de cunetas, pavimentación da vía, mellora do drenaxe e pintado da sinalización horizontal.
Estas actuacións pretenden mellorar a seguridade e a accesibilidade das vías rurais, favorecendo tanto o tránsito de veciños como o acceso ás parcelas agrícolas das zonas afectadas.