Miño enche de música o Nadal cun concerto coral no auditorio municipal da Rúa

ACoruñaXa
A Coral Polifónica Costumes de Bergondo e a Coral e Rondalla O Castro de Miño actuarán o domingo 14 de decembro, ás 19.00 horas, nun concerto organizado pola ACDR O Castro coa colaboración do Concello e o patrocinio da Deputación da Coruña
MIÑO ACDR O Castro concerto nadal
13 Dec 2025

O Nadal soará a polifonía e a panxoliñas en Miño este domingo 14 de decembro. A partir das 19.00 horas, o auditorio municipal da Rúa acollerá un concerto de Nadal no que compartirán escenario a Coral e Rondalla O Castro de Miño e a Coral Polifónica Costumes de Bergondo.

A cita, organizada pola ACDR O Castro, pretende ser un punto de encontro para a veciñanza e unha oportunidade para gozar da música coral nun ambiente plenamente festivo. Ao longo da velada interpretaranse pezas tradicionais de Nadal, temas populares e arranxos corais pensados para todos os públicos.

O concerto conta coa colaboración do Concello de Miño e co patrocinio da Deputación da Coruña, a través da área de Cultura, o que permite reforzar a programación musical destas datas e apoiar o traballo das formacións locais e comarcais.

Desde a organización anímase a veciños, veciñas e visitantes a achegarse ao auditorio municipal da Rúa para desfrutar desta proposta e vivir o espírito do Nadal da man das dúas agrupacións corais.

⚙ Configurar cookies
0.083370923995972