Miño e Pontedeume únense para poñer en valor o castro de Centroña-Sambollo

ACoruñaXa
Trátase dun xacemento arqueolóxico de gran valor histórico que se estende entre os dous concellos
castro-minho
19 Mar 2025

O Concello de Miño aprobou nun pleno extraordinario e urxente a agrupación dos municipios de Miño e Pontedeume para a tramitación conxunta de proxectos no marco das Estratexias de Desenvolvemento Local Participativo (EDLP). Este acordo representa un paso clave para a solicitude dunha axuda ao Grupo de Acción Local do Sector Pesqueiro (GALP), co obxectivo de impulsar a conservación e promoción do castro de Centroña-Sambollo, un xacemento arqueolóxico de gran valor histórico que se estende entre os dous concellos.

A colaboración entre Miño e Pontedeume permitirá coordinar esforzos e acceder a fondos destinados á protección e difusión do patrimonio local. Deste xeito, favorecerase tanto o estudo do castro como a súa posta en valor, beneficiando tanto á veciñanza como aos visitantes da comarca.

O castro de Centroña-Sambollo é un enclave fundamental para a identidade cultural da zona, e a súa recuperación contribuirá a fortalecer o turismo e a divulgar a historia local. A través desta solicitude de financiamento, os concellos pretenden levar a cabo accións que garantan a súa preservación e permitan á cidadanía coñecer mellor este importante legado patrimonial.

⚙ Configurar cookies
0.2664008140564