Miño contará cunha unidade móbil da Policía Nacional para renovar o DNI e o pasaporte

ACoruñaXa
Trátase dun servizo impulsado polo Ministerio do Interior que visitará Miño varias veces ao ano
policia-minho-um
20 May 2025

A veciñanza de Miño poderá renovar e expedir o DNI e o pasaporte sen necesidade de desprazarse grazas á nova unidade móbil da Policía Nacional, que acaba de estrearse no municipio. Trátase dun servizo impulsado polo Ministerio do Interior que visitará Miño varias veces ao ano.

O obxectivo principal desta iniciativa é facilitar os trámites á cidadanía, especialmente ás persoas que residen no rural, evitando así desprazamentos innecesarios a comisarías doutros concellos. Segundo informou o Concello, o proceso é idéntico ao que se realiza nunha comisaría e en apenas dez minutos é posible ter o documento listo.

Dende o Goberno local valoran moi positivamente esta medida, que mellora a accesibilidade aos servizos públicos e contribúe a fixar poboación no rural, facilitando o día a día da veciñanza.

⚙ Configurar cookies
0.32577896118164