Miño celebrará o Día de Rosalía de Castro cun "caldo de gloria"
ACoruñaXa
Un evento para recordar a súa tradición literaria e compartir un prato de gran significado popular

22 Feb 2025
O Concello de Miño conmemora o Día de Rosalía de Castro o vindeiro domingo, 23 de febreiro, cunha actividade moi especial que evoca a forza e a poesía da autora galega. En honor á súa obra "Miña casiña, meu lar", que narra a receitas dun caldo humilde pero cargado de simbolismo sobre a supervivencia, ofrecerase un "caldo de gloria" inspirado no poema.
A degustación será na feira do domingo, que se celebrará na rúa Mercado, a partir das 12.30 horas. Un evento para recordar a tradición literaria de Rosalía e, ao mesmo tempo, compartir un prato de gran significado popular e cultural.
Unha oportunidade para achegarse á poesía de Rosalía e, tamén, disfrutar dunha experiencia gastronómica chea de historia e sabor local.