Miño celebra este venres a III Miño Milla pola Paz cunha carreira solidaria na rúa Estremeiro

ACoruñaXa
A cita comeza ás 10.00 h na rúa Estremeiro e contará con cinco probas por idades con inscricións abertas e recollida de alimentos non perecedoiros
MIÑO III milla pola paz
Actualizada el 28 enero 2026, 08:21 horas
27 Jan 2026

O Concello de Miño acollerá este venres, 30 de xaneiro, a III edición da 'Miño Milla pola Paz', unha xornada deportiva e solidaria que se desenvolverá na rúa Estremeiro a partir das 10.00 h. O evento estrutúrase en cinco carreiras en función da idade das persoas participantes, coa intención de facilitar a participación do alumnado e das familias.

Haberá categorías infantil, 1º ciclo de primaria, 2º ciclo de primaria, 3º ciclo de primaria e E.S.O. e maiores. A organización mantén abertas as inscricións e, ademais, habilitará a posibilidade de anotarse o propio día, cun prazo orientativo dunha hora antes do inicio das probas.

A actividade ten tamén un compoñente solidario, xa que se invita ás persoas asistentes a colaborar cunha doazón de alimentos non perecedoiros.

ACTUALIZACIÓN: Adiada por mal tempo a III Miño Milla pola Paz, que pasa ao 9 de febreiro.

⚙ Configurar cookies
0.076956987380981