Miño activa unha nova convocatoria para contratar 14 socorristas de cara ao verán

ACoruñaXa
O Concello procura garantir un verán seguro e con servizos axeitados para veciños e visitantes
socorrismo-socorrista-prais-auxilio
30 May 2025

O Concello de Miño vén de anunciar a apertura dunha segunda convocatoria para a formación e contratación de ata 14 socorristas que traballarán nas praias do municipio durante a tempada estival. O obxectivo é reforzar a seguridade nas zonas costeiras máis frecuentadas polos bañistas.

O contrato será a xornada completa, e as persoas interesadas en formar parte do proceso selectivo deberán presentar a súa solicitude entre o sábado 31 de maio e o vindeiro 6 de xuño. A duración do contrato será de tres meses e as datas de desenvolvemento previsibles son do 15 de xuño ao 14 de setembro de 2025.

Para optar a unha das prazas é requisito indispensable estar inscrito no Rexistro Profesional de persoal socorrista, información e primeiros auxilios de Galicia. Ademais, deberá entregarse a documentación requirida no Rexistro Xeral do Concello ou a través da sede electrónica da administración local.

Con esta medida, o Concello de Miño busca garantir un verán seguro e con servizos axeitados para veciños e visitantes, consolidando así a súa aposta pola prevención e a calidade nas súas praias.

⚙ Configurar cookies
0.16982197761536