Miño acolle este domingo 'A morte de Don Cristóbal' no FESTEA

ACoruñaXa
A compañía francesa Pelele actuará ás 13.00 no parque de A Rúa; se chove, a función trasladarase ao Centro Social
MIÑO entes animados
22 Sep 2025

O Festival de Entes Animados (FESTEA) chega este domingo a Miño coa representación de 'A morte de Don Cristóbal' da compañía francesa Pelele. A cita será ás 13.00 no parque de A Rúa e a entrada é gratuíta; en caso de choiva, o espectáculo trasladarase ao Centro Social para garantir a súa celebración.

A obra, en clave de teatro de luva e humor negro, narra a vida dun Don Cristóbal entregado á obsesión por seguir medrando a súa fortuna, e a dunha serventa, pobre e celosa, que argalla mil artimañas para acabar con el, descuartizalo e facerse co botín. Un clásico irreverente que conecta co público a través da ironía, o ritmo e a complicidade escénica.

⚙ Configurar cookies
0.084728956222534