Miño abre as inscricións para un taller de manexo de smartphones dirixido a persoas adultas

O Concello de Miño manterá aberto ata o 5 de xaneiro o prazo para anotarse no ‘Taller de manexo de móbiles smartphones para adultos’, unha proposta formativa orientada a mellorar as habilidades dixitais do público adulto no uso do teléfono móbil.
As sesións celebraranse na Biblioteca Pública Concepción Arenal de Miño os días 7, 14, 21 e 28 de xaneiro de 2026, en horario de 10.30 a 12.00. A actividade enmárcase no programa de accións da Biblioteca da Deputación nas bibliotecas da provincia da Coruña.
Para participar é preciso inscribirse previamente, ben de maneira presencial na biblioteca ou chamando ao teléfono 981 778 807.