‘Mil sabores, cero desperdicio’ trae a Oza-Cesuras un curso de cociña de aproveitamento

ACoruñaXa
As sesións serán no Centro de Maiores de Oza os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril (agás o 3 de abril), en horario de 19.00 a 21.00 horas
OZA-CESURAS cociña aproveitamente
9 Feb 2026

O Concello de Oza-Cesuras organiza unha nova edición do curso de cociña de aproveitamento ‘Mil sabores, cero desperdicio’, unha proposta formativa centrada en aprender a sacar o máximo partido aos alimentos, reducir o desperdicio na casa e descubrir receitas prácticas para o día a día.

A actividade impartirase no Centro de Maiores de Oza todos os venres, do 6 de marzo ao 17 de abril, en horario de 19.00 a 21.00 horas, coa excepción do 3 de abril (Venres Santo). O prezo é de 45 euros por persoa para todo o curso.

As inscricións estarán abertas do 10 ao 23 de febreiro. As solicitudes deberán presentarse no propio Centro de Maiores ou a través da sede electrónica. As prazas son limitadas e o Concello indica que haberá prioridade para persoas empadroadas no municipio.

Para máis información, facilítase o teléfono 881 966 760. Máis detalles e solicitudes no documento municipal.

⚙ Configurar cookies
0.079558134078979