Mercedes Queixas amosa o compromiso do BNG coas Áreas de Rehabilitación Integral

ACoruñaXa
A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, Mercedes Queixas, mantivo un encontro con veciñas e veciños da Fonte da Balsa (Culleredo) en relación á posta en marcha na zona dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI).
Mercedes Queixas ARI Fonte da Balsa II
23 Jan 2024

A número dous da candidatura do BNG ao Parlamento galego pola Coruña, Mercedes Queixas, mantivo un encontro con veciñas e veciños da Fonte da Balsa (Culleredo) en relación á posta en marcha na zona dunha Área de Rehabilitación Integral (ARI).

A nacionalista galega prometeu que a alternativa de goberno liderada por Ana Pontón dará un impulso decidido ás ARI cun proxecto claro. “Imos ampliar as ARI máis aló das cidades e dos núcleos históricos, achegando axudas condicionadas a criterios proporcionais e redistributivos. E desde logo crearemos espazos habitacionais e comunitarios máis amables e que favorezan a cohesión social”, explicou Queixas.

Tamén declarou que o compromiso do BNG coa ampliación das ARI contrasta co fracaso claro das políticas de vivenda e de humanización dos espazos urbanos levadas a cabo polo PP durante case 15 anos de goberno ininterrompidos á fronte da Xunta.

Mercedes Queixas explicou que toda a política de rehabilitación posta en práctica polo PP condensouse nun Plan Rexurbe que foi un auténtico fiasco. “Lembremos que en 2020 o PP prometeu en campaña a rehabilitación de 3.000 vivendas en 500 edificios. Pois ben, durante esta lexislatura, apenas rehabilitou 18 inmobles”, denuncia a número dous do BNG.

 

 


Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 634

Warning: Trying to access array offset on value of type null in /var/www/vhosts/editorialtristram.es/httpdocs/wp-content/themes/plosa/stats/stats_chatgpt.php on line 635
0.17066812515259