Melloras no local social de San Pantaleón das Viñas grazas ao Plan de Acción Comunitaria

ACoruñaXa
A entidade veciñal de Paderne recibirá apoio para renovar o sistema de calefacción e reparar a cuberta da terraza, mellorando o uso deste espazo durante todo o ano
PADERNE melloras local social
13 Aug 2025

A delegada territorial da Xunta, Belén do Campo, visitou hoxe a Asociación de Veciños de San Pantaleón das Viñas, en Paderne, para anunciar a concesión dunha axuda destinada á mellora das instalacións do seu local social. A actuación, enmarcada no Plan específico de acción comunitaria, permitirá substituír o sistema de calefacción por outro máis eficiente e reparar a cuberta da terraza, posibilitando o seu uso tamén nos meses de outono e inverno.

O local social, construído en 1995 e cunha superficie de 970 metros cadrados distribuídos en tres plantas e un entresollado, é un punto de encontro fundamental para os 270 socios da entidade. Coas obras previstas, darase resposta a demandas históricas dos veciños e optimizarase o aproveitamento do espazo.

Belén do Campo destacou que este programa de axudas pretende reforzar o labor das asociacións veciñais e de mulleres rurais, así como das comunidades de usuarios de auga, apoiando tanto obras de mellora como a adquisición de equipamento necesario para o seu funcionamento.

⚙ Configurar cookies
0.20417404174805