Melloran o acceso ao núcleo de Barbeita en Miño
O Concello de Miño completou as obras de acondicionamento e ampliación do camiño rural de Barbeita, situado na parroquia de Callobre, co obxectivo de mellorar o acceso a este núcleo rural e garantir a seguridade, especialmente para os vehículos de emerxencia. Até agora, o camiño estaba en malas condicións, invadido por maleza e derrumbes nos taludes adxacentes, o que impediía o paso de vehículos de emerxencia ás vivendas da zona.
O camiño, cunha lonxitude de 344,5 metros e unha superficie de 861,25 metros cadrados, contaba cun ancho promedio de 2,5 metros, o que impediía o acceso de vehículos grandes, como ambulancias ou coches de bombeiros. Agora, despois das melloras, o camiño foi ampliado a 8 metros de ancho e revestido cunha capa de zahorra compactada, garantindo un firme estable e seguro.
A obra contou coa colaboración dos veciños, que cederon un total de 2.179,81 metros cadrados de terreos a través de 29 actas de cesión. Entre os traballos realizados, destaca o movemento de terras para a creación dunha plataforma horizontal, a mellora dos accesos a parcelas colindantes mediante a construción de rampas, e a canalización de augas pluviais para evitar inundacións en varios tramos do camiño.
Este proxecto tamén mellora significativamente a calidade de vida dos veciños do núcleo rural de Barbeita, xa que facilita un acceso máis rápido a servizos de emerxencia e mellora a conectividade coa zona.
O alcalde de Miño, Manuel Vázquez Faraldo, destacou a importancia desta mellora, subliñando que a intervención non só facilita o acceso ao núcleo, senón que tamén garante que os vehículos de emerxencia poidan chegar rápidamente en caso de necesidade. "É un avance importante que demostra o noso compromiso coa mellora das zonas rurais e co benestar das persoas que viven nelas", afirmou o alcalde.