Megadeth levará ao Coliseum da Coruña a súa xira de despedida o 27 de maio

AMariñaXa | ACoruñaXa
A banda de Dave Mustaine fará na cidade unha das só tres paradas en España, con prevenda o 20 de xaneiro e venda xeral o 22, ambas ás 10.00 horas
A CORUÑA megadeth
16 Jan 2026

A Coruña sumará unha cita de primeiro nivel para os fans do metal en 2026. Megadeth actuará no Coliseum o 27 de maio como parte da súa xira de despedida, un percorrido que no Estado só recalará en tres cidades: Valencia (25 de maio), A Coruña (27 de maio) e Bilbao (29 de maio).

A venda de entradas artéllase en dúas fases. Haberá unha prevenda exclusiva para compradores do Resurrection Fest Estrella Galicia 2026 o martes 20 de xaneiro ás 10.00 horas e a venda xeral abrirase o xoves 22 de xaneiro ás 10.00 horas, a través das canles habilitadas por Route Resurrection.

O concelleiro de Cultura e Turismo, Gonzalo Castro, defendeu que o rock e o metal tamén teñen espazo na programación musical da cidade e encadrou a cita como un dos eventos destacados do calendario do Coliseum. O concerto coruñés chega coa expectativa dun repaso aos grandes clásicos da banda e coa promesa de dúas formacións invitadas que se anunciarán proximamente.

⚙ Configurar cookies
0.076699018478394