Un episodio de ameazas xera inquietud entre os veciños de Teixeiro

ACoruñaXa
Testemuñas do núcleo de Curtis relatan unha tarde de tensión en comercios e locais hostaleiros e reclaman máis presenza preventiva
CURTIS centro penitenciario Teixeiro
8 Feb 2026

A preocupación pola seguridade volveu instalarse en Teixeiro despois dun incidente ocorrido este mércores, cando un home (presuntamente expresidiario) percorreu distintos establecementos do pobo xerando momentos de tensión. As mesmas fontes sinalan que se dirixiu a varias mulleres con comentarios de contido sexual e que chegou a proferir ameazas, asegurando incluso que portaba un coitelo e unha arma.

O episodio provocou chamadas ás forzas de seguridade e, sempre segundo os testemuños, unha patrulla desprazouse á zona tras arredor de 40 minutos, ao estar atendendo outro servizo nese momento. Mentres, comerciantes e residentes describen un clima de inquietude, con xente que asegura sentirse atemorizada e que pide medidas de prevención para evitar situacións semellantes.

Ata o momento, non foi posible identidade do home nin o alcance exacto da intervención, aínda que a veciñanza insiste en que o sucedido evidencia a necesidade de reforzar a presenza disuasoria, especialmente nas zonas comerciais e de hostalaría.

Este novo episodio chega nun contexto no que Teixeiro xa viviu outros altercados nos últimos anos. En abril de 2025, o Concello fixera pública a súa preocupación por unha sucesión de incidentes violentos no núcleo, con denuncias por roubos, agresións, danos en locais e ameazas con arma branca.

⚙ Configurar cookies
0.081017971038818