Medio Rural e Concello de Ordes analizan as permutas e a reestruturación de terras no municipio

ACoruñaXa
A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, reuniuse co alcalde de Ordes, José Luis Martínez
20250220_Paz-Rodríguez_reunion-Ordes
21 Feb 2025

A directora xeral da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural, Paz Rodríguez, mantivo unha reunión co alcalde de Ordes, José Luis Martínez, para valorar as permutas promovidas neste concello coruñés. Estes intercambios de parcelas están recollidos na Lei de recuperación da terra agraria e teñen como obxectivo mellorar a xestión do territorio.

Durante o encontro tamén se avaliou a reestruturación de terras no municipio, un proceso que busca facilitar o aproveitamento agrario e contribuír á revitalización do rural.

0.16876101493835