Mateo García Castro, campión de España Sub-23 e novo récord galego en 400 libre

O nadador Mateo García Castro, do Club Natación Arteixo, proclamouse Campión de España Sub-23 na proba de 400 metros libre no Campionato de España de Natación Absoluto Open de Primavera, que se está a celebrar en Sabadell. Ademais, logrou bater o Récord Galego desta proba, acadando un fito destacado para a natación galega.
O Club Natación Arteixo está representado neste campionato cun equipo de catro deportistas que competirán en 12 probas individuais desde este 6 de marzo ata o domingo 9 de marzo. Os nadadores que participan neste evento de alto nivel son: Paula Otero, Alba Gómez, Mateo García e Miguel Ángel Gómez.
Este campionato, que reúne a algúns dos mellores nadadores do panorama nacional, representa unha oportunidade para que os deportistas do Club Natación Arteixo demostren o seu talento e sigan sumando éxitos na natación española.