Martín Seco, reelixido secretario xeral do PSOE de Arteixo nunha executiva que aposta pola unidade

A Agrupación Socialista de Arteixo celebrou a súa asemblea local, na que se procedeu á elección da nova Comisión Executiva Local do partido. Martín Seco foi reelixido como secretario xeral, encabezando unha candidatura única e de consenso que busca reforzar a unidade interna e traballar con forza para ofrecer “unha alternativa de goberno seria e progresista ao actual goberno do Partido Popular”.
A nova executiva combina experiencia e renovación, integrando a todos os actuais concelleiros e concelleiras do grupo municipal socialista no Concello de Arteixo, ao tempo que incorpora novas caras da militancia, representando a diversidade e pluralidade da agrupación. Trátase, segundo o propio partido, dun equipo cohesionado, que recolle as distintas sensibilidades do socialismo arteixán, cunha clara vontade de traballo conxunto e vocación municipalista.
Durante a súa intervención, Martín Seco agradeceu a confianza recibida e puxo en valor o reto que supón liderar “de novo” un proxecto colectivo centrado nas persoas, na defensa dos servizos públicos e na transformación social do concello:
“Somos un equipo con ideas, enerxía e compromiso. E temos moi claro que o noso obxectivo é devolverlle á cidadanía un proxecto de progreso, de proximidade e de promesas cumpridas. Porque outra forma de gobernar é posible”, afirmou.
Desde a nova Executiva Local, o PSdeG-PSOE de Arteixo reafirma o seu compromiso de seguir traballando dende a rúa e co tecido asociativo para “escoitar, propoñer e actuar”, e continuar sendo “voz firme da oposición” e motor de proposta ante “a parálise e os incumprimentos do actual goberno municipal”.
Composición da nova Executiva Local do PSdeG-PSOE de Arteixo:
- Presidente honorífico: Ángel Díaz Souto
- Secretario Xeral: Martín Seco García
- Vicesecretaria xeral e responsable de Política Municipal: Ana Cedeira Zas
- Secretaria de Igualdade: Raquel Martínez Vázquez
- Secretario de Organización: Yago De Ron Fernández-Mosquera
Secretarías executivas:
- Eva Sánchez Ramilo
- Fernando Vázquez Martínez
- Tamara Figueroa Cedeira
- Luís Vázquez Fernández
- Bea Pardo Aldao
- Tino Vázquez Prego
- María Zas Suárez
- Enrique Paz Gil
- Charo Figueiras Icasuriaga
- Lucinda Regueira Regueira
- Lola Turanza Nieto
Representantes no Comité Nacional do PSdeG-PSOE:
- Martín Seco García
- Ana Cedeira Zas
Representantes no Comité Provincial do PSdeG-PSOE da Coruña:
- Martín Seco García
- Ana Cedeira Zas
- Yago De Ron Fernández-Mosquera
- Raquel Martínez Vázquez