Marta Villaverde reclama unha reforma da Política Pesqueira Común para simplificar a obriga de desembarque

GaliciaXa | AMariñaXa | ACoruñaXa
A conselleira defende unha normativa máis clara que mellore a viabilidade do sector e o aproveitamento das especies mariñas
burela-Villaverde-Xornada-obrigacion desembarque pesca 2025
26 Nov 2025

A conselleira do Mar, Marta Villaverde, destacou a necesidade de reformular e simplificar a obriga de desembarque na Política Pesqueira Común (PPC) durante a Xornada sobre a Obrigación de Desembarque e Valorización de especies con alto potencial comercial, organizada pola Organización de Produtores Pesqueiros do Porto de Burela (OPP-7). O encontro reuniu representantes das administracións, organismos científicos e membros do sector pesqueiro.

Villaverde lembrou que a obrigación de desembarque foi un dos elementos centrais introducidos pola actual PPC para avanzar na conservación dos recursos mariños e reducir os descartes e capturas non desexadas. Con todo, subliñou que o sistema vixente “supón un complexo marco regulamentario que está a xerar perdas desiguais entre frotas” e que non cumpriu os obxectivos previstos.

A titular de Mar engadiu que “non se tiveron en conta incentivos adecuados ao sector, ignorando a natureza propia da actividade pesqueira”, o que resulta incompatible co principio de estabilidade relativa. Segundo explicou, a imposibilidade de realizar descartes provoca a presenza de especies que dificultan a actividade de certas frotas, limitando o esforzo pesqueiro máis que o que se pode vender.

Desde Galicia, estes argumentos foron trasladados no marco do procedemento de avaliación da PPC actual, coa finalidade de adaptar a política ás necesidades da frota galega, proporcionando maior seguridade aos operadores, mellorando as expectativas de venda e garantindo o abastecemento de produtos do mar de calidade aos consumidores. A Xornada tamén serviu para analizar novas prácticas selectivas e iniciativas de valorización de especies de menor valor comercial.

Villaverde destacou o papel das organizacións de produtores pesqueiros na adaptación da produción ás esixencias do mercado, no marco da sustentabilidade e a conservación dos recursos mariños. A conselleira puxo en valor o Plan de Producción e Comercialización da OPP de Burela, que promove unha actividade pesqueira responsable, viable e rendible, ao tempo que contribúe á trazabilidade dos produtos do mar.

⚙ Configurar cookies
0.069496154785156