Marineda City impulsa un market de moda con fin solidario para apoiar a Poten100mos

Marineda City celebrará este sábado 15 de novembro o market solidario 'Re:wear', unha cita de economía circular na que varias creadoras de contido porán á venda roupa e complementos en bo estado para darlles unha segunda vida. O centro comercial, propiedade de MERLIN Properties, doará unha porcentaxe das vendas á asociación Poten100mos, coa que colabora e que traballa con persoas en risco de pobreza e exclusión social.
A iniciativa desenvolverase na praza Emilia Pardo Bazán (planta 0) entre as 11.00 e as 20.00 horas. Participarán, entre outras, Paula Vilaboy (@blondiemuser), Patricia Agüero (@patriciasinprisa), María Montaña (@mariacarballom), Sandra Casal (@sandracasal), Sara Fernández (@sarafernaandez_), Maya Pisos (@mayapisos), Marietta De Angelis (@marietarey), Lúa Trillo (@luatrillo), María Carnota (@mariacarnota), Lucía Quevedo (@luciaqueve), Sandra del Río (@saradrh) e Erin Santos (@erisantosi).
Ao longo da xornada, Poten100mos contará cun punto informativo no propio centro para dar a coñecer os seus programas. Marineda colabora coa entidade desde 2019 a través de 'Impresiona', iniciativa que procura o empoderamento e a inserción laboral de mulleres en situación de vulnerabilidade mediante orientación profesional, mellora de CV, preparación de entrevistas e asesoramento de imaxe con entrega de pezas axeitadas para os seus procesos de selección.