Marineda City estreará o Nadal cun encendido moi rockeiro da man de Rock en Familia

ACoruñaXa
O xoves 27 de novembro, ás 19.00 horas, a praza Emilia Pardo Bazán acollerá o espectáculo 'I Love Rock & Roll', que combinará clásicos do rock e temática navideña antes da conta atrás para o acendido das luces
rock familia
Imaxe de Rori Ribes Photography
18 Nov 2025

Marineda City celebrará o inicio da súa primeira campaña de Nadal tras a ampliación cun acendido moi especial, protagonizado pola música en directo. O centro comercial dará a benvida ao Nadal o xoves 27 de novembro, ás 19.00 horas, na praza Emilia Pardo Bazán (planta baixa), cun espectáculo de Rock en Familia que culminará cunha emocionante conta atrás para o acendido da iluminación.

O grupo chegará a Marineda co seu show 'I Love Rock & Roll', un percorrido polos temas máis icónicos do rock nacional e internacional pensado para gozar en familia. Durante 60 minutos, oito músicos interpretarán versións de bandas míticas como Led Zeppelin, AC/DC, Guns N' Roses, The Beatles ou Pearl Jam, xunto con algúns temas vinculados á época do Nadal, nun formato adaptado a todos os públicos.

O acendido das luces marcará o inicio oficial da programación navideña de Marineda City, que este ano volve apostar por citas para todas as idades e cun marcado acento solidario. O centro instalará un gran árbol de Nadal no que as persoas visitantes poderán colgar desexos nas súas bólas. Por cada un deles, Marineda City doará 1 euro a unha entidade social ligada á infancia, e entre os participantes sortearanse tarxetas agasallo.

A campaña incluirá tamén visitas inclusivas a Papá Noel e aos Reis Magos en espazos sen ruído, en colaboración coa Fundación ENKI e a Federación de Autismo de Galicia, para que nenas e nenos con necesidades especiais poidan vivir a experiencia en condicións adaptadas. Ademais, o servizo de empaquetado de agasallos estará atendido por mulleres en risco de exclusión social a través da colaboración coa asociación Poten100mos e o seu programa Impresiona.

Xunto á decoración volverá o mercado de Nadal da praza exterior, con sete postos de artesanía, funcionará do 21 de novembro ao 11 de xaneiro.

⚙ Configurar cookies
0.071804046630859