Marineda City adianta as badaladas coa festa infantil dos Wawies e recibirá aos Reis Magos con visitas inclusivas

ACoruñaXa
O martes 30 de decembro haberá ‘precampanadas’ desde as 17.00 na praza Emilia Pardo Bazán
A CORUÑA novo marineda
30 Dec 2025

Marineda City reforza a súa programación do Nadal na Coruña cun dobre plan orientado ás familias. O primeiro será o martes 30 de decembro, cando o centro comercial celebrará as ‘precampanadas’ infantís desde as 17.00 horas na praza Emilia Pardo Bazán (planta baixa). A proposta inclúe unha ‘Christmas Disco’ e a presenza dos protagonistas da serie infantil ‘Los Wawies’, que animarán a festa con cancións de Nadal e temas actuais.

A axenda continuará xa en xaneiro coa visita dos Reis Magos. As Súas Maxestades estarán en Marineda City os días 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17.00 a 21.00, tamén na praza Emilia Pardo Bazán (planta baixa), para que as nenas e nenos poidan achegarse a saudar, compartir un intre e facerlles chegar os seus desexos.

O centro manterá ademais a súa aposta por un Nadal inclusivo habilitando unha ‘sala amigable’, un espazo libre de ruído e con pictogramas, pensado para facilitar unha visita máis tranquila. Esta alternativa estará dispoñible na sala Riazor (planta 2) os días 2, 3 e 4 de xaneiro, de 17.00 a 18.00, en colaboración con ENKI, a FAXPG e a Federación Autismo Galicia. No caso do 3 de xaneiro, tamén haberá intérprete de lingua de signos: de 17.00 a 18.00 na sala amigable e de 18.00 a 21.00 na visita aberta ao público na praza Emilia Pardo Bazán.

⚙ Configurar cookies
0.081115961074829