Marineda City acolle a exposición internacional 'Bodies Evolution' con oito corpos e máis de cen órganos reais

ACoruñaXa
A mostra poderá visitarse do 5 de novembro de 2025 ao 11 de xaneiro de 2026 e propón un percorrido didáctico pola anatomía humana mediante pezas plastinadas
A CORUÑA bodyevolution marineda
5 Nov 2025

Marineda City converteuse na nova parada de 'Bodies Evolution', a exposición sobre anatomía humana que xa viron máis de 31 millóns de persoas no mundo. A proposta, de interese cultural e científico, permanecerá no centro comercial propiedade de Merlin Properties entre o 5 de novembro de 2025 e o 11 de xaneiro de 2026.

A mostra reúne oito corpos completos e máis de cen órganos reais, preparados mediante plastinación (técnica que permite conservar tecido biolóxico), para explicar de maneira visual e comprensible o funcionamento dos sistemas nervioso, muscular, óseo, circulatorio, dixestivo, reprodutor e respiratorio. O itinerario apóiase en recursos audiovisuais e procura achegar a anatomía e a fisioloxía á vida cotiá das e dos visitantes.

'Bodies Evolution' é tamén unha ferramenta educativa: nos últimos meses superou os 65.000 escolares, e agora ofrece ás escolas e aos institutos galegos visitas específicas para aprender sobre saúde e corpo humano.

A exposición está situada na planta 1 de Marineda City. O horario é de luns a venres, de 17.00 a 21.00 horas; e sábados e domingos, de 10.00 a 14.00 e de 17.00 a 21.00 horas. A información, a compra de entradas e as reservas para centros de ensino están dispoñibles en 'www.bodiesevolution.es'.

⚙ Configurar cookies
0.074105024337769