Marineda City abre a súa ampliación o 24 de outubro con novas marcas, 800 empregos e 30.000 euros en premios

ACoruñaXa
Tras dous anos de obra e 41 millóns de investimento, o novo espazo estreará atrio, zonas verdes e máis terrazas
A CORUÑA novo marineda
30 Sep 2025

O 24 de outubro abrirá ao público a ampliación de Marineda City, propiedade de MERLIN Properties, culminando dous anos de traballos cun investimento de 41 millóns de euros. O centro coruñés estrea un gran atrio, zonas verdes e de descanso e múltiples establecementos novos, reforzando a súa posición como complexo comercial de referencia en Galicia. Co novo espazo, Marineda prevé xerar 800 empregos directos e indirectos.

Xa hai máis de vinte marcas confirmadas. En alimentación incorporaranse Mercadona, Primaprix e Veritas; en moda e deporte, Scalpers, Mango Teen, Kiabi, Pepco, Punt Roma, Joma, Fútbol Emotion, Sprinter, JD Sports e o outlet Half Price. No fogar e decoración abrirán MGI, JYSK, Oh’Gar e Guaw para mascotas. No eido multimedia chegan K-tuin (distribuidor oficial Apple), CeX e La Casa de las Carcasas; en beleza e saúde, Druni e Multiópticas. En restauración, Starbucks, Vicio, Bombon Boss e VIPS completan a oferta. Ademais, Estrella Park Aventura está prevista para 2026, chamado a ser o maior centro de lecer familiar de Galicia con máis de 7.000 m².

Para celebrar o 'novo Marineda', do 27 de outubro ao 8 de novembro o centro desenvolverá unha gran acción de apertura con máis de 30.000 euros en premios: tarxetas agasallo, sorteos de smartphones e ata un ano de compras gratis. Nas redes do centro realizarase tamén un adianto exclusivo para un grupo de gañadores que poderá coñecer o espazo antes da apertura xeral.

⚙ Configurar cookies
0.28277897834778