María Rivas pon en valor o compromiso do Goberno por mellorar a circulación nas autovías da provincia

ACoruñaXa
O importe das actuacións na provincia da Coruña é de 4 millóns de euros, 3,6 na A-6 e 0,4 na A-54
a subdelegada nas obras da autovía
A subdelegada supervisando a execución das obras da A-54
24 Xul 2024

A subdelegada do Goberno na Coruña, María Rivas, supervisou esta mañá o estado de execución das obras que se están a levar a cabo na A-54. As actuacións do Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible en relación coa campaña extraordinaria que se desenvolve nas catro provincias ascende a 23 millóns de euros, destinando 10,5 millóns de euros do investimento total a actuacións na A-6, A-8 e A-54, sumando máis de 285 quilómetros entre as provincia da Coruña e Lugo.

A subdelegada, que estivo acompañada durante a visita do Xefe da Demarcación de Carreteiras, Ángel González del Rio, subliñou o compromiso do Goberno por mellorar as condicións de circulación nas autovías da provincia e de toda Galicia, compromiso que se materializa non soamente a través da construción de novas infraestruturas, senón que tamén mediante o mantemento das xa existentes. Con tal, motivo o Ministerio de Transportes e Mobilidade Sostible executará durante o período estival esta campaña extraordinaria de rehabilitación do firme en varias das autovías de Galicia.

En concreto levaranse a cabo 1.145 actuacións en toda Galicia, ao longo de 535 quilómetros de autovías. Nas provincias de Lugo e Coruña estamos falando de 590 actuacións ao longo da A-6 ao seu paso pola comunidade, e 24 actuacións na A-54 que hoxe foi obxecto de visita por parte da subdelegada.

Así na A-6 xa se fixeron actuacións nos concellos de Arteixo, Carral, Abegondo, Betanzos, Coirós e Aranga. E na A-54 en Santiago de Compostela. O importe das actuacións efectuadas na provincia da Coruña é de 4 millóns de euros, 3,6 nas actuacións da A-6 e 0,4 na autovía A-54.

Esta licitación por valor de 10.500.000 de euros, ten como obxectivo o de continuar cos investimentos do Estado en Galicia e na provincia, no que abrangue ao mantemento de toda a rede viaria dando prioridade tamén ás melloras en materia de seguridade.

Neste sentido, María Rivas destacou que son 95,89 M € os investidos na provincia da Coruña polo Goberno dende o ano 2018, cifra que ascende ata os 380 no conxunto de Galicia.

María Rivas quixo destacar o compromiso do Goberno con Galicia “atendendo actuacións tan demandadas como a da A-6, xa que é autovía de saída dende norte cara a meseta que atravesa ademais toda a provincia; ou a da A-54 que une Santiago con Arzúa”, dúas vías de grande importancia para o tráfico e as conexións da provincia “o que demostra que o Goberno está apostando decididamente por unha rede segura con maiores prestacións para as persoas usuarias”.

0.18762302398682