Manel Cráneo presentará en Cambre o seu cómic 'Cinza'
A Casa da Cultura Vila Concepción de Cambre acollerá o vindeiro xoves, 11 de abril, a presentación de 'Cinza' (2023), o cómic de Manel Cráneo baseado 'Na nosa cinza', un dos grandes clásicos da literatura galega. A cita contará coa presenza do ilustrador e autor do cómic, Manel Cranio, e do escritor da obra orixinal, Xavier Alcalá.
A cita levará a cabo ás 20.00 horas na Casa da Cultura. O acceso á actividade será libre ata completar aforo.
Xavier Alcalá publicou 'A nosa cinza' no ano 1980. Más de corenta anos despois, no 2023, Cráneo decidiu adaptar esta novela e convertela en viñeta. 'Cinza' conta a vida de Xoán, un mozo criado durante a ditadura, orfo de nai, fillo de médico e de familia galeguista. A historia narra o paso do protagonista desde a infancia ata a adolescencia, situando ao lector en varias experiencias vitais cotiás como o descubrimento da amizade verdadeira, e medos ou o primeiro amor.