Máis dun milleiro de persoas participaron na XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma

Facundo Medard e Alba Raso gañaron a XVI Baixada Popular de Cross de San Pedro de Visma, terceira proba do circuíto de carreiras populares Coruña Corre, que se disputou este domingo coa participación de máis dun milleiro de persoas. Na categoría masculina acompañaron a Medard no podio Nuno Moure como segundo e Abdelaziz Fatihi como terceiro. Na disciplina feminina Inés Papín e Noelia Souto completaron o podio.
Ata un total de sete probas se disputaron esta mañá en San Pedro de Visma. A carreira discorreu pola estrada de Bens ata o parque, onde tivo lugar a meirande parte da proba, antes de regresar polo mesmo percorrido. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez participou no acto de saída da categoría absoluta e no entrega de trofeos posterior. “Desde o Gobierno de Inés Rey continuamos apoiando este circuíto, o mellor de Galicia de carreiras populares, que é un dos piares da nosa área de Deportes polo fomento de hábitos de vida saudable que promove”, indicou Vázquez.
As seguintes probas serán a XII Carreira Popular Os Rosales, o 1 de xuño, a XII Carreira Popular Volta a Oza, o 14 de setembro, a XI Carreira Popular do Ventorrillo, o 26 de outubro, e a XIII Carreira Popular Novo Mesoiro, o 23 de novembro.