Máis dun milleiro de corredores participan na III Carreira Costa Ártabra

Máis dun milleiro de persoas participaron na terceira edición da Carreira Costa Ártabra, que percorreu os concellos de Oleiros e A Coruña. O atleta aragonés Víctor Puyuelo e a ucraína Karina Yevtushenko proclamáronse vencedores desta proba de 10 quilómetros, que tivo a súa meta no castelo de San Antón. O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, foi o encargado de entregar as medallas aos gañadores nun acto celebrado no paseo do Parrote.
A carreira arrancou ás 9.30 horas no castelo de Santa Cruz, en Oleiros, e desenvolveuse sen incidencias polo bordo litoral coruñés ata a súa chegada á meta. Ademais da proba absoluta, incluíuse unha carreira dunha milla de distancia, dando oportunidade de participar a corredores de distintos niveis.
entidade organizadora do evento. “Desde o Goberno de Inés Rey apoiamos esta proba e amosamos que somos unha cidade solidaria, á vez que continuamos promovendo hábitos de vida saudables a través das carreiras populares”, destacou o edil de Deportes.
Na categoría masculina, o podio estivo formado por Víctor Puyuelo, Álvaro Presedo e Mikel Ocerín. No apartado feminino, as tres primeiras clasificadas foron Karina Yevtushenko, Lucía Fariña e Inés Iglesias. A Carreira Costa Ártabra consolídase como unha das probas de referencia no calendario deportivo da cidade, combinando deporte, solidariedade e un espectacular percorrido pola costa coruñesa.