Máis de cen deportistas competirán na XIII edición do Torneo de Waterpolo Cidade da Coruña

ACoruñaXa
Sete equipos disputarán o torneo no Sporting Club Casino da Zapateira, cunha programación que inclúe tamén actividades culturais e de ocio para os participantes
Imaxe dun xogador de waterpolo
20 Ago 2024

A XIII edición do Torneo de Waterpolo Cidade da Coruña comeza mañá e reunirá a máis de 120 deportistas nas instalacións do Sporting Club Casino, na Zapateira. O evento, que se estenderá ata o domingo 25 de agosto, contará coa colaboración do Concello e incluirá a participación de sete equipos.

Durante cinco días, os equipos competirán en 45 partidos programados en horario matinal, de 10.00 a 14.00 horas. Entre os clubs que se disputarán o título atópanse representacións galegas de cidades como A Coruña, Ferrol, Lugo e Vigo, xunto con equipos de Cádiz e Villamediana de Iregua, na Rioja.

A programación do torneo non se limita só á competición deportiva, senón que tamén inclúe actividades culturais e de ocio para os participantes e as súas familias. O Goberno de Inés Rey facilitou visitas aos Museos Científicos Coruñeses e ao Castelo de San Antón, así como a outros puntos de interese na cidade.

O concelleiro de Deportes, Manuel Vázquez, subliñou a importancia do torneo no calendario estival da cidade e a relevancia de promover o waterpolo entre as novas xeracións. “É fundamental achegar disciplinas como o waterpolo aos máis novos e visibilizar os clubs e instalacións que temos na cidade”, destacou Vázquez.

cartel waterpolo
0.19395184516907