Máis de 800 maiores de Ordes festexan a súa tradicional xuntanza anual

Ordes viviu esta fin de semana unha das súas citas máis emotivas do ano: a tradicional xuntanza de maiores, que reuniu a arredor de 800 veciños e veciñas para celebrar unha xornada de recoñecemento e convivencia.
O encontro arrincou ao mediodía cunha comida de irmandade que deu paso a unha completa programación na que non faltaron os momentos de recollida e fe cos rezos, nin tampouco a alegría da música en directo, que acompañou aos asistentes durante toda a tarde.
O alcalde, José Luis Martínez Sanjurjo, estivo presente xunto co equipo de goberno municipal, mostrando así o apoio institucional a este evento tan esperado pola veciñanza. Ademais, contou coa presenza especial de María Blanco Aller, directora territorial de Política Social e Igualdade, que participou na homenaxe como convidada de honra.
A cita volveu pór de manifesto o compromiso do Concello de Ordes coas persoas maiores, recoñecendo a súa importancia dentro da comunidade e ofrecendo un espazo de encontro para compartir vivencias, fortalecer amizades e gozar do tempo de lecer.