Máis de 500 persoas participarán na IV Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson en Culleredo

ACoruñaXa
Existe a modalidade de andaina e de carreira, que contará con 127 corredores que percorrerán 10 quilómetros
cull-parkinson
9 May 2025

A vertente máis solidaria do deporte chega este sábado, 10 de maio, a Culleredo coa celebración da IV Carreira e Andaina Solidaria polo Párkinson. O evento está organizado pola Asociación Párkinson Galicia-Coruña, en colaboración co Concello de Culleredo e Castelo Deporte, e desenvolverase no paseo marítimo de O Burgo.

Máis de 500 persoas participarán nesta cita, repartidas entre as dúas modalidades. A carreira contará con 127 corredores que percorrerán un circuíto de 10 quilómetros, mentres que a andaina terá un traxecto de 4 quilómetros.

O alcalde de Culleredo, José Ramón Rioboo, salientou o “carácter esencial” deste evento, que ten como obxectivo visibilizar a enfermidade e apoiar ás persoas que conviven con ela. Ademais, destacou o “servizo público” que presta a asociación organizadora e reafirmou o compromiso do Concello de “apoiala en todas as posibilidades ao seu alcance”.

As probas darán comezo ás 10.30 horas, cunha saída prevista desde a contorna das pistas deportivas de Juan Carlos I. O 100 % dos beneficios recadados destinaranse á Asociación Párkinson Galicia-Coruña. Esta carreira non é só unha cita deportiva, senón tamén unha mostra de solidariedade e compromiso, onde o deporte serve como ferramenta para visibilizar, apoiar e fomentar hábitos de vida saudables.

⚙ Configurar cookies
0.132169008255