Máis de 400 veciñas e veciños de Cambre cítanse na Xuntanza do Maior

Foron máis de 400 veciños e veciñas de Cambre os que se xuntaron no pavillón de Os Campóns en Sigrás na décimo sexta edición da Xuntanza do Maior. Esta é unha cita que cada ano serve para homenaxear a todas as persoas maiores do municipio.
A xornada contou cun menú de tres pratos: callos de primeiro, carne asada con patacas e gornición de segundo, e larpeira e queixo do país con marmelo de sobremesa. A comida estivo acompañada da actuación musical dunha orquestra, así como das Mariñas de Cambre, que animaron e dinamizaron o evento.
A alcaldesa de Cambre, María Pan Lesta, así como a concelleira de Servizos Sociais, Landa Díaz, e demais integrantes do seu equipo de goberno, asistiron ao evento.